lunes, 15 de febrero de 2010

........Das desgracias que pasan no mar

        Este post vai escrito con letra negra, en señal de duelo, pola morte d´un compañeiro, o engrasador do "Ficha Segundo", siniestrado hoxe mentras faenaba no Pozo de Burela, a parexa co "Marpar Segundo".
        Desde este Blog, quero transmitirllele a sua familia e amigos o meu pesar, e darlle as gracias a Dios por non levar tamén o resto dos seus compañeiros.
        Quero aproveitar tamén para rendirlle un´a omenaxe a todo-los compañeiros que dun´a ou outra maneira deixaron a sua vida no mar, e recordarnos a todos os  que aquí andamos que o dia que faltemos , quen a de ter que pasar sin nos o resto das suas vidas, an de ser a nosa muller, os nosos fillos, nosos pais, irmans.........amigos de toda a vida; no traballo, os dous dias, habrá outro no noso sitio, por requerimento ou necesidad tanto da empresa coma das autoridades maritimas, e acordaranse de nos solo un´a temporada, logo pasaremos o esquecemento e só se falará de nos nalgun´a  que outra conversa cada vez mais aillada, hasta morer no olvido. Fagamos reflexión desto, e seamos mais cordos a hora de traballar con riesgo, que o mar vai estar sempre no mismo sitio....

No hay comentarios:

Publicar un comentario